Benvidos á Fonsoteca!


Friday, 20 February 2009

"Quilombo electoral"



Agora que se nos convoca ás urnas o próximo día 1 de marzo, convén tomar nota dos aspectos que caracterizan as políticas duns e doutros aspirates ao poder. Hai que reflexionar sobre o valor do noso voto, sobre a trascendencia que conlevan os resultados electorais, porque catro anos son moitos anos para facer e desfacer e as persoas un débil instrumento en mans do poder. Reflexionemos, pois, e tomemos nota de como queremos construir a sociedade na que nos tocou vivir. Como curiosidade, eu reflexionaría sobre certos aspectos do sistema democrático que inda hoxe están sen depurar. Paga a pena ollar esta interesante reportaxe que trata sobre o fraude electoral co voto dos galegos na diáspora. O chamado "quilombo electoral".

1 comment :

caligari said...

Pois si, vaia quilombo, peor que os crist*s da quin*na :D