entroidogoianés 1, originalmente cargada por fonsovicente.
Benvidos á Fonsoteca!
Saturday, 20 February 2010
Thursday, 4 February 2010
Espazo Atlántico 2010
O pasado mes de xaneiro celebrouse en Vigo unha nova cita para a arte contemporánea galega. Nos seus inicios coñecida como Puro Arte e agora rebautizada como Espazo Atlántico. Trátase dunha feira que nace coa intención de consolidarse no circuito nacional e internacional amosando unha boa selección de galerías do noroeste peninsular principalmente. Adopta a liña doutras feiras máis coñecidas no sector como son Arco ou Art Madrid, coa vantaxe de non estar masificada, de tal forma que permite ollar con máis tranquilidade a oferta artística das cincuenta galerías representadas.
Polo visto non difire demasiado da tendencia actual no mercado da arte. Houbo máis presenza de pintura, escultura e fotografía e menos instalacións ou vídeos.
[14/01/2010 - 17/01/2010]
espazo atlántico 24, originalmente cargada por fonsovicente.
Aquí tedes unha breve selección fotográfica: Feira de arte contemporánea de Vigo[14/01/2010 - 17/01/2010]
árbores
árbores, originalmente cargada por fonsovicente.
Friday, 29 January 2010
Obradoiro


O Obradoiro ou Xacobeo Blu:sens, sobrenome que recibe dos seus patrocinadores, é o único equipo de Galiza que compite na Liga ACB. Un equipo que voltou á primeira liña do baloncesto estatal despois de moitos anos de loita nos xulgados. Trátase dun equipo feito á présa, constituído por xogadores profesionais agrupados a última hora para formar parte dun conxunto novidoso, con moita ilusión e non exento de veteranía. O Obradoiro debe loitar pola permanencia na ACB, unha competición moi igualada na parte media baixa. Cada partido no Multiusos Fontes do Sar (o "Mexillón Arena") é unha final e como tal así se vive en Compostela. Agora só queda que o Santo obre o milagre!
Friday, 11 December 2009
Subscribe to:
Posts
(
Atom
)




