Benvidos á Fonsoteca!


Friday, 29 January 2010

Obradoiro




O Obradoiro ou Xacobeo Blu:sens, sobrenome que recibe dos seus patrocinadores, é o único equipo de Galiza que compite na Liga ACB. Un equipo que voltou á primeira liña do baloncesto estatal despois de moitos anos de loita nos xulgados. Trátase dun equipo feito á présa, constituído por xogadores profesionais agrupados a última hora para formar parte dun conxunto novidoso, con moita ilusión e non exento de veteranía. O Obradoiro debe loitar pola permanencia na ACB, unha competición moi igualada na parte media baixa. Cada partido no Multiusos Fontes do Sar (o "Mexillón Arena") é unha final e como tal así se vive en Compostela. Agora só queda que o Santo obre o milagre!

Friday, 20 November 2009

Lactarius deliciosus




Lactarius deliciosus ou máis comunmente chamado, "níscaro" (en castelán "níscalo"). É un dos cogomelos máis apreciados e coñecidos. Sombreiro alaranxado con bandas concéntricas lixeiramente viscoso. Látex e carne alaranxada que torna a verdosa.

Wednesday, 18 November 2009

Sedutora natureza: Amanita muscaria



Amanita muscaria


Características:
Sombreiro: globoso ao principio, máis tarde convexo-estendido, de cor vermella viva con placas abrancazadas.
Pé: engrosado na base.
Anel: branco ou lixeiramente amarelado con restos flocosos nos bordos.
Volva: recubrindo exemplares novos.
Carne: cheiro e sabor inapreciábeis.
Esporas: ovoides, lisas, hialinas, non amiloides. Esporada de cor branca.

Especie responsable do Síndrome Micoatropínico:
  • Toxinas: MUSCINOL, ÁCIDO IBOTÉNICO
  • Periodo de incubación/duración: de 1/2 a 4 h. Ata 3 días de duración. Moi raras veces é letal. Efecto anticolinérxico (bloquean S.N. parasimpático).
  • Síntomas: gastrointestinais leves ou ausentes; neurolóxicos (midriase, delirio, alucinacións, embriaguez, borracheira atropínica).
  • Tratamento: vomitivos, soros (salino e glucosado). Calmantes (benzodiacepinas e barbitúricos). Fisostigmina (síntomas anticolinérxicos graves).
(Información recompilada no Curso Extraordinario sobre Micoloxía, impartido na Facultade de Farmacia da Universidade de Salamanca no ano 2006)

Monday, 9 November 2009

XV Bienal de Cerveira




Baixo o lema A cultura do poder ou o poder da cultura, celebrouse este verán a XV edición da Bienal Internacional de Arte de Vila Nova de Cerveira. Un acontecemento con moita tradición no ámbito das artes plásticas, dentro e fóra das fronteiras do país veciño. Para ilustrarmos, aquí tedes unha breve selección de fotos tiradas nos pavillóns da sede principal na vila cerveirense.