A "actionsampler" é unha cámara analóxica, si, si, das de carrete! que fracciona a película en catro partes e consegue deste xeito uns resultados singulares, a maior parte das veces. Aquí teño unha pequena mostra cos resultados das primeiras "cacerías". A quen lle interese saber máis sobre estes cacharros pode ollar a www.lomo.com
(Unha desvantaxe: o revelado; unha vantaxe: non gasta batería, nin pilas)
1 comment :
Mola a do gato :) Polo movento parece que a secuencia vai en "N".
A do bosque encaixou moi ben, como para facer texturas...
Post a Comment