Benvidos á Fonsoteca!

"Espazo aberto ao tránsito de olladas inconformistas"

Sábado, 9 de Maio de 2009

San Andrés



Cando o pasado 6 de maio, Andrés Iniesta golpeou a pelota no derradeiro e único tiro entre os tres paus que o Barça fixo en todo o partido, o estadio de Stamford Bridge enmudeceu. Andrés Iniesta, "San Andrés", proxectou coa súa bota o desexo de milleiros de seareiros que nese momento empurraban coa ollada e o alento o esférico de coiro hacia o fondo da rede. 
E algún inglés berrou: Oh My God!, I can´t believe it!

Sábado, 25 de Abril de 2009

Francis Bacon no Museo del Prado








O pasado venres 17 de abril achegueime a Madrid para poder contemplar unha excelente exposición retrospectiva sobre a obra de Francis Bacon. Un total de 62 pinturas e obxectos de arquivo que se agrupaban seguindo unha orde cronolóxica e temática nas novas instalacións que amplían o Prado. Pagou a pena agardar na cola e soportar o frío case invernal que fixo esa mañá. Para mostra algunha foto, unha "clandestina" do interior e o folleto informativo da exposición. Describir con palabras algo que chega polos ollos é perda de tempo, pero foi unha das mellores exposicións de pintura que teño visto.

Terça-feira, 14 de Abril de 2009

Chafariz en "La Puerta de Zamora"


As formas do chafariz na fonte de La Puerta de Zamora, en Salamanca.

Quinta-feira, 2 de Abril de 2009

Tardiña en Ponte de Lima





Paseando polas rúas e xardíns de Ponte de Lima unha tardiña soleada de domingo. Un pracer para quen guste da tranquilidade. Podedes ollar algúns dos encantos desta fermosa vila que pasa por ser a máis antiga de Portugal, nesta pequena mostra.

Quinta-feira, 26 de Março de 2009

Primavera




O zume renovado dos vexetais fai agromar as cores nas súas pólas espidas. O preludio dos nacementos, da luz e a calor, da beleza e as paixóns. Cambios, metamorfose insaciábel que ocultaba o inverno. Non é primavera porque o dicten os publicistas nin as multinacionais; é primavera porque flúe no noso interior unha nova ollada coa que afrontar a vida.

Segunda-feira, 16 de Março de 2009

Entroido 2009





Aquí tedes unha pequena reportaxe do pasado Entroido vivido en Goián entre o 22 e o 24 de febreiro. Para os que o disfrutaron e para os curiosos que non o disfrutaron aquí vai unha escolla fotográfica.

Sexta-feira, 20 de Fevereiro de 2009

"Quilombo electoral"



Agora que se nos convoca ás urnas o próximo día 1 de marzo, convén tomar nota dos aspectos que caracterizan aos "estilos políticos" duns e doutros aspirates ao poder. Hai que reflexionar sobre o valor do noso voto, sobre a trascendencia que conlevan os resultados electorais, porque catro anos son moitos anos para facer e desfacer e as persoas un débil instrumento en mans do poder. Reflexionemos, pois, e tomemos nota de como queremos construir a sociedade na que nos tocou vivir. Como curiosidade, eu reflexionaría sobre certos aspectos do sistema democrático que inda hoxe están sen depurar. Paga a pena ollar esta interesante reportaxe que trata sobre o fraude electoral co voto dos galegos na diáspora. O chamado "quilombo electoral".

Terça-feira, 3 de Fevereiro de 2009

"El Messías"



É o auténtico "crack" do fútbol nestes momentos. Lionel Messi, alias "El Messías", cos seus electrizantes movementos desborda todas as defensas rivais, as súas accións convulsionan o xogo e as tácticas máis defensivas semellan un castelo de naipes aos seus pes. Este arxentino de 22 anos promete moita arte sobre o céspede. Ollade a súa web.