Benvidos á Fonsoteca!


Friday, 8 August 2008

Taller de Antonio López


Puerta del Alcázar
Fotografado mentres traballaba no primeiro tema

Antonio López organizando meticulosamente un dos bodegóns

Os alumnos de Antonio López e José Mª Mezquita

Unha vez máis, o pasado mes de xullo, achegueime á cidade de Ávila, nesta ocasión para participar no Taller de Antonio López. Foi un curso intensivo de 5 días de duración (entre o 21 e o 25 de xullo) pertencente á Cátedra Francisco de Goya, un proxecto artístico promovido pola Universidade Complutense de Madrid. Unha fructífera convivencia entre pintores e pintoras de diversa procedencia (Cuba, Uruguay, Bulgaria, Italia, Xapón, Cataluña, Andalucía...) onde aprendemos a valorar os diferentes enfoques dun mesmo plantexamento, a intercambiar ideas e, sobre todo, a escoitar os sabios consellos do mestre hiperrealista. Ademais, tivemos a sorte de compartir nos mesmos días as instalacións do Palacio Los Serrano con outro persoeiro da pintura figurativa, José Mª. Mezquita, xunto coa compañía dos seus alumnos.

3 comments :

Roberto said...

Falta unha foto do cadro que estás a pintar aí.

Que envidia me das, que te apuntas a todo.

Unha aperta!

Fonso said...

Obrigado Rober!
O certo é que non quedei moi contento co traballo e pensei que non merecía a pena poñelo, de todos os xeitos era un triste bodegón. Pero se tes curiosidade envíoche unha invitación ao meu álbum, alí faste unha idea máis ampla do que fixemos.
Apertas!

Roberto said...

Ok, gracias Fonso