Benvidos á Fonsoteca!


Thursday 4 February 2010

Espazo Atlántico 2010

O pasado mes de xaneiro celebrouse en Vigo unha nova cita para a arte contemporánea galega. Nos seus inicios coñecida como Puro Arte e agora rebautizada como Espazo Atlántico. Trátase dunha feira que nace coa intención de consolidarse no circuito nacional e internacional amosando unha boa selección de galerías do noroeste peninsular principalmente. Adopta a liña doutras feiras máis coñecidas no sector como son Arco ou Art Madrid, coa vantaxe de non estar masificada, de tal forma que permite ollar con máis tranquilidade a oferta artística das cincuenta galerías representadas.
Polo visto non difire demasiado da tendencia actual no mercado da arte. Houbo máis presenza de pintura, escultura e fotografía e menos instalacións ou vídeos.

espazo atlántico 24, originalmente cargada por fonsovicente.
Aquí tedes unha breve selección fotográfica: Feira de arte contemporánea de Vigo
[14/01/2010 - 17/01/2010]

1 comment :

Roberto said...

Vaia, xa se me pasou... :_(